jueves, 24 de octubre de 2013

SETE ALUMN@S E O MESTRE DE MÚSICA DO CEE SALADINO CORTIZO INVITADOS A UN CONCERTO DE MÚSICA CLÁSCA

O pasado 18 de outubro sete alumn@s e o profe de Andrés fomos convidados a asistir a un Concerto de Música Clásica ofrecido pola Orquestra Filarmónica de Galicia.

Desfrutamos da música dunha orquestra, e unha soprano solista que nos ofreceron as seguintes obras:

De OCTAVIO VÁZQUEZ (1972): Eterna luz azul II. Unha obra atonal dodecafónica onde os doce sons da escala cromática aparecen en secuencias que nos trasladaron a paisaxes sonoros.

De GUSTAV MAHLER (1860-1911); tres das seis cancións do  Ciclo de cancións postrománticas "O Corno Máxico da Xuventude" tituladas:Onde as fermosas trompetas resoan, Canción do perseguido na torre e Consolo do infortunio. En "O Corno Máxico da Xuventude", Mahler pon música a varias cancións populares alemanas.

De LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Egmont, op. 84; una música composta por Beethoven para acompañar á representación teatral da traxedia Egmont escrita por Johan Wolfgang van Goethe en 1788.

A experiencia foi marabillosa. Encantounos ver a todos os membros da orquestra perfectamente coordinados tocando unhas obras tan fermosas!!!

E esperamos volver pronto!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario