domingo, 29 de diciembre de 2013

Quedamos no Palco 3.

Nova Galicia Banco convidounos por segunda vez a ir a un concerto de música clásica no Teatro de García Barbón de Vigo. Esta vez iremos sete alumnos de Tránsito á Vida Adulta e 2º ciclo co profe Andrés.

O programa de hoxe 19 de novembro de 2013 está formado por a seguinte obra:
  • Branhs: Concerto para piano e Orquestra.

UNIDADE 3. O CICLO ANUAL DE NADAL.

Nesta Unidade didáctica no:

1º ciclo:

Bailaremos:
A danza estadounidense Jingle Bells.
Valsearemos unha Panxoliña de Nadal.http://saladinocortizo.blogspot.com.es/2013/12/festival-prehistorico-de-nadal-ano-2013.html
Marcharemos a negras e correremos a corcheas o Outono de Vivaldi.

Cantaremos:
Bo Nadal no Reino Animal.
Noche Buena de Alvin e os Esquíos.
Panxoliña de Nadal.
Ya vienen los Reyes Magos.
Campana sobre campana.
La Marimorena.
Gatatumba.

Tocaremos:
Noite de Paz. Improvisación en percusión escolar.
Jingle Bells. Improvisación en teclados.
Partituras en cores de Jingle Bells, Gatatumba, Campaíñas do lugar, Xa chegou Nadal.

Relaxarémonos con
Noite de Paz en versión música electrónica relaxante.
No 2º ciclo e en TVA:
Bailaremos:
Señorita de Abraham Mateo.
Gangnam Style de PSY.
Scream and Shout de Breatney Spears.
More than friends de Inna.

Cantaremos:
Sete vilancicos en versión techno: Son del Cascabel, Los Peces en el Río, La Marimorena, Campana sobre campana, Veinticinco de Diciembre, Vaya otro villancico, Adeste Fideles.
Dramatizaremos un conto musical baseado na letra de La marimorena.
Signaremos La marimorena.
Outros vilancicos populares.

Tocaremos:
Partituras en cores de Jingle Bells, Gatatumba, Campaíñas do lugar, Xa chegou Nadal.
Acompañaremos con pandeiretas Ya vienen los Reyes Magos.
Acompañeremos con batería vilancicos en versión techno.

Relaxarémonos con
Noite de Paz en versión música electrónica relaxante.




jueves, 7 de noviembre de 2013

QUEDAMOS NO PALCO 2.

Nova Galicia Banco convidounos por segunda vez a ir a un concerto de música clásica no Teatro de García Barbón de Vigo. Esta vez iremos sete alumnos de Tránsito á Vida Adulta co profe Andrés.

O programa de hoxe 7 de novembro de 2013 está formado por as seguintes obras:
  • WEBERN: Passacalgia.
  • Branhs: Concerto para violín e Orquestra Op. 77.
  • Bramhs: Sinfonía nº 4 en Mi menor.

jueves, 24 de octubre de 2013

UNIDADE 2. UN MAGOSTO DE MEDO!!!

Nesta unidade didáctica aprenderemos música que teña que ver co Samaín e o Magosto.

No 1º ciclo, os máis pequenos:

Bailaremos:
El patio de mi casa.
A canción dos esqueletes.
O valse dos monstros.

Cantaremos:
La brujita tapita.
Noite de trebón.
A canción dos esqueletes.
Esto es Halloween.
Non chas quero
Canción As pantasmas.

Tocaremos:
Improvisacións no teclado con son de órgano de tubos.
As pantasmas en metalófonos.
A canción de non chas quero con son de órgano de tubos.

Relaxarémonos con:
A nana de Bella da saga Crepúsculo.
Preludios e fugas para órgano de tubos.

No 2º ciclo e en TVA:

Bailaremos:
Valse dos monstros (Preludio en Do Maior e ritmo ternario de Johan Sebastian Bach)
Coreografía con zombies de Thriller de Michael Jackson.
Señorita de Abraham Mateo, unha canción de hiphop adicada a unha vampiresa.

Cantaremos:
Noite de trebón, logo de escoitar un horroroso conto de terror amenizado pola banda sonora da película Halloween.
Diferentes versións da canción popular galega "Non chas quero".

Tocaremos:
O inicio da Tocata en Re b menor de Johan Sebastian Bach.
Castañas do teu Magosto con son de órgano de tubos en teclados.
Castañas do teu Magosto con xilófonos.

Escoitaremos:
A Tocata e Fuga en Re b menor de Johan Sebastian Bach en vídeo e tocadas polo profe Andrés.
A nana de Bella para piano, a banda sonora da saga Crepúsculo en vídeo e tocada polo profe Andrés.

Relaxarémonos con:
A nana de Bella da saga Crepúsculo.
Preludios e fugas para órgano de tubos.

SETE ALUMN@S E O MESTRE DE MÚSICA DO CEE SALADINO CORTIZO INVITADOS A UN CONCERTO DE MÚSICA CLÁSCA

O pasado 18 de outubro sete alumn@s e o profe de Andrés fomos convidados a asistir a un Concerto de Música Clásica ofrecido pola Orquestra Filarmónica de Galicia.

Desfrutamos da música dunha orquestra, e unha soprano solista que nos ofreceron as seguintes obras:

De OCTAVIO VÁZQUEZ (1972): Eterna luz azul II. Unha obra atonal dodecafónica onde os doce sons da escala cromática aparecen en secuencias que nos trasladaron a paisaxes sonoros.

De GUSTAV MAHLER (1860-1911); tres das seis cancións do  Ciclo de cancións postrománticas "O Corno Máxico da Xuventude" tituladas:Onde as fermosas trompetas resoan, Canción do perseguido na torre e Consolo do infortunio. En "O Corno Máxico da Xuventude", Mahler pon música a varias cancións populares alemanas.

De LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Egmont, op. 84; una música composta por Beethoven para acompañar á representación teatral da traxedia Egmont escrita por Johan Wolfgang van Goethe en 1788.

A experiencia foi marabillosa. Encantounos ver a todos os membros da orquestra perfectamente coordinados tocando unhas obras tan fermosas!!!

E esperamos volver pronto!!!


lunes, 21 de octubre de 2013

UNIDADE 1. A VOLTA AO COLE CO PROFE ANDRÉS!!!

UNIDADE 1. A VOLTA AO COLE CO PROFE ANDRÉS!!!
 


Nesta primeira unidade didáctica os máis pequenos faremos as seguintes actividades:

1º ciclo:
Bailaremos
-- As vacas lobotómicas
-- Cabeza, hombro, rodilla y pie...
-- O 1º mov. do Outono de Vivaldi acompañando con maracas

Cantaremos:
-- Hai una escuela en el fondo del mar.
-- Hai un colexio no ceo.
-- Ramón marca gol de Miliki.
-- Cantaxogos

Tocaremos:
-- Mi familia de Miliki asociando: trompeta-claves, clarinete-maracas, violín-cascabéis, tambor-pandeiro.
-- Hai un colexio no ceo en teclados.

Mentras tanto os máis maiores...
 2º ciclo e TVA:
Bailaremos os éxitos do verán:
-- Gagnam style de PSY.
-- Scream and Shout de Britney Spears.
-- El tiburón de Henry Méndez...

Cantaremos os éxitos futboleros:
-- Sube la mano y grita gol.
-- A por ellos.
-- O Hino do R.C. Celta, do F.C. Barcelona e do Madrid C.F..

Tocaremos:
-- O Hino da alegría de Beethoven.
-- O Hino do R.C. Celta.

E se nos da tempo: un pouco de relaxación co Arabesco nº 1 de Debussy ou Augas tranquilas...