jueves, 24 de octubre de 2013

UNIDADE 2. UN MAGOSTO DE MEDO!!!

Nesta unidade didáctica aprenderemos música que teña que ver co Samaín e o Magosto.

No 1º ciclo, os máis pequenos:

Bailaremos:
El patio de mi casa.
A canción dos esqueletes.
O valse dos monstros.

Cantaremos:
La brujita tapita.
Noite de trebón.
A canción dos esqueletes.
Esto es Halloween.
Non chas quero
Canción As pantasmas.

Tocaremos:
Improvisacións no teclado con son de órgano de tubos.
As pantasmas en metalófonos.
A canción de non chas quero con son de órgano de tubos.

Relaxarémonos con:
A nana de Bella da saga Crepúsculo.
Preludios e fugas para órgano de tubos.

No 2º ciclo e en TVA:

Bailaremos:
Valse dos monstros (Preludio en Do Maior e ritmo ternario de Johan Sebastian Bach)
Coreografía con zombies de Thriller de Michael Jackson.
Señorita de Abraham Mateo, unha canción de hiphop adicada a unha vampiresa.

Cantaremos:
Noite de trebón, logo de escoitar un horroroso conto de terror amenizado pola banda sonora da película Halloween.
Diferentes versións da canción popular galega "Non chas quero".

Tocaremos:
O inicio da Tocata en Re b menor de Johan Sebastian Bach.
Castañas do teu Magosto con son de órgano de tubos en teclados.
Castañas do teu Magosto con xilófonos.

Escoitaremos:
A Tocata e Fuga en Re b menor de Johan Sebastian Bach en vídeo e tocadas polo profe Andrés.
A nana de Bella para piano, a banda sonora da saga Crepúsculo en vídeo e tocada polo profe Andrés.

Relaxarémonos con:
A nana de Bella da saga Crepúsculo.
Preludios e fugas para órgano de tubos.

SETE ALUMN@S E O MESTRE DE MÚSICA DO CEE SALADINO CORTIZO INVITADOS A UN CONCERTO DE MÚSICA CLÁSCA

O pasado 18 de outubro sete alumn@s e o profe de Andrés fomos convidados a asistir a un Concerto de Música Clásica ofrecido pola Orquestra Filarmónica de Galicia.

Desfrutamos da música dunha orquestra, e unha soprano solista que nos ofreceron as seguintes obras:

De OCTAVIO VÁZQUEZ (1972): Eterna luz azul II. Unha obra atonal dodecafónica onde os doce sons da escala cromática aparecen en secuencias que nos trasladaron a paisaxes sonoros.

De GUSTAV MAHLER (1860-1911); tres das seis cancións do  Ciclo de cancións postrománticas "O Corno Máxico da Xuventude" tituladas:Onde as fermosas trompetas resoan, Canción do perseguido na torre e Consolo do infortunio. En "O Corno Máxico da Xuventude", Mahler pon música a varias cancións populares alemanas.

De LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Egmont, op. 84; una música composta por Beethoven para acompañar á representación teatral da traxedia Egmont escrita por Johan Wolfgang van Goethe en 1788.

A experiencia foi marabillosa. Encantounos ver a todos os membros da orquestra perfectamente coordinados tocando unhas obras tan fermosas!!!

E esperamos volver pronto!!!


lunes, 21 de octubre de 2013

UNIDADE 1. A VOLTA AO COLE CO PROFE ANDRÉS!!!

UNIDADE 1. A VOLTA AO COLE CO PROFE ANDRÉS!!!
 


Nesta primeira unidade didáctica os máis pequenos faremos as seguintes actividades:

1º ciclo:
Bailaremos
-- As vacas lobotómicas
-- Cabeza, hombro, rodilla y pie...
-- O 1º mov. do Outono de Vivaldi acompañando con maracas

Cantaremos:
-- Hai una escuela en el fondo del mar.
-- Hai un colexio no ceo.
-- Ramón marca gol de Miliki.
-- Cantaxogos

Tocaremos:
-- Mi familia de Miliki asociando: trompeta-claves, clarinete-maracas, violín-cascabéis, tambor-pandeiro.
-- Hai un colexio no ceo en teclados.

Mentras tanto os máis maiores...
 2º ciclo e TVA:
Bailaremos os éxitos do verán:
-- Gagnam style de PSY.
-- Scream and Shout de Britney Spears.
-- El tiburón de Henry Méndez...

Cantaremos os éxitos futboleros:
-- Sube la mano y grita gol.
-- A por ellos.
-- O Hino do R.C. Celta, do F.C. Barcelona e do Madrid C.F..

Tocaremos:
-- O Hino da alegría de Beethoven.
-- O Hino do R.C. Celta.

E se nos da tempo: un pouco de relaxación co Arabesco nº 1 de Debussy ou Augas tranquilas...